Cine Capitol
8 de 10

Cine Capitol

Espazo biográfico

O cine Capitol, obra de estilo racionalista inaugurada en 1945, foi un dos establecementos emblemáticos do Melide do século XX. No tempo do Seminario de Estudos Galegos, ao carón estaba a cafetaría Capitol. Nela conservábase a tradición de que Camilo Díaz Baliño deixara gravado un grafito hoxe desaparecido. Na primeira reedición do libro Terra de Melide, levada a cabo por Ediciós do Castro, Isaac Díaz Pardo deixou escrita esta historia.

Foto: Abeancos.gal