Cruceiro de Melide
9 de 10

Cruceiro de Melide

Cruceiro

O famoso cruceiro gótico de Melide, de orixe medieval, estaba antes situado nesta encrucillada, e aquí foi onde o estudaron os membros do Seminario de Estudos Galegos. O primeiro investigador que se ocupou del foi Eduardo Álvarez Carballido (1843-1913), médico melidao que investigou o patrimonio artístico, documental e arqueolóxico de Melide e que foi mestre intelectual de Taboada Roca. Chegou a crear un museo privado con fondos documentais, históricos e arqueolóxicos da comarca, hoxe perdidos.