Capela de San Roque e cruceiro de Melide
Igrexa, CruceiroA capela de San Roque foi reconstruída en 1949 a partir dos restos da antiga capela de San Roque e mais os da igrexa parroquial de San Pedro. Combina e incorpora elementos dos anteriores templos e hoxe forma un conxunto co cruceiro de Melide, posiblemente do século XIV. Destaca a portada, con catro arquivoltas de medio punto, motivos florais e os boceis en zigzag. Hoxe o conxunto recibe os peregrinos ao pé do Camiño de Santiago. Foto: Abeancos,gal.