Vila Esteveri
1 de 6

Vila Esteveri

Edificio singular

Ano de construción: 1928

Estilo arquitectónico: Casa autóctona con elementos decorativos indianos, ecléctico

Características: 

Trátase dun edificio de dúas plantas e baixocuberta. A fachada principal responde ao canon clásico de tres ocos por planta, xanelas abaixo e balcóns arriba. O volume da baixocuberta está representado por unha bufarda que chega ao pano da fachada. Destaca a entrada entre dúas pequenas pilastras de esquemática orde xónica, os voluminosos linteis resaltados das xanelas do baixo, as balaustradas, a cornixa sostida por abundantes ménsulas e o moi decorado fronte-frontón da bufarda. Todo se atopa dentro do máis puro estilo ecléctico de corenta anos antes da construción. Nun lateral da vivenda podemos subliñar a existencia dunha galería que achega dinamismo e claridade ao interior das estancias.

Fontes:

Bores Gamundi, Fernando (coord.) (2000): Casas de indianos, Santiago de Compostela, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Xunta de Galicia.

Prieto Prieto, Verónica (2011): Ourol. A nosa historia, Ourol, Concello de Ourol.

Prieto Prieto, Verónica (2015): Ourol. Anacos da nosa historia, Ourol, Concello de Ourol.

Fotografías e vídeos