Reunión Recreativa e Instrutiva de Artesáns
Espazo biográfico Rúa Santo André, 36 - 15003 A Coruña. A CoruñaPromotores da escultura dedicada ao poeta bergantiñán na cidade, esta foi unha das sociedades ás que Pondal pertencía e onde participaba en diversos eventos. Esta asociación fórmase en 1847, sendo unha das máis antigas da Coruña. A sede actual é un inmoble dos anos 70 do século XX, construído tras o derrube da arquitectura marineda de finais do XIX, obra de Faustino Domínguez. Este histórico edificio, hoxe desaparecido, foi o que coñeceu o escritor, pois a sociedade trasladouse aquí en 1895.
981 222 976