Casa García
Edificio singularAno de
construción: Década de 1930
Promotor: Vicente García Rodríguez, emigrante
no Uruguai e na Arxentina. Neste último país participou na fundación da Mutua
de Colonia Barón, orixe da colonia Barón na Pampa arxentina, unha localidade
cuxos inicios se vinculan á construción dunha estación de ferrocarril ao redor
da que xorde unha rede de pequenos comerciantes.
Estilo
arquitectónico: Eclecticismo con influencias
rexionalistas
Características:
A edificación foi
construída por Francisco Veiga, máis coñecido como O Pena de Miñotos.
Ocupa a posición central dunha parcela cuxa extensión apenas supera os 500
metros cadrados, cun xardín previo á fachada principal. Debido á reducida
altura do peche, é posible divisar a vivenda dende o camiño que dá fronte á
parcela. Preside a composición unha gran palmeira que data da época de
construción da casa.
Constitúe un
singular exemplo da arquitectura residencial indiana vinculada ao proxecto
montañés, do que só adopta certos elementos illados. É de planta rectangular, á
que se engaden elementos de ascendencia montañesa na súa fachada, como a torre,
de planta cadrada, e unha terraza balaustrada, que ocupa a lonxitude restante
da fachada principal e que está soportada por tres pilares, os cales configuran
na planta baixa o soportal de acceso á vivenda. Na fachada principal conta
cunha escalinata que descende ao xardín dende o soportal. Ten, ademais, uns
pronunciados beirados que amosan tanto a cuberta da torre como a do corpo
principal.
Fontes:
Bores
Gamundi, Fernando (coord.) (2000): Casas de indianos, Santiago de
Compostela, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Xunta
de Galicia.
Prieto
Prieto, Verónica (2011): Ourol. A nosa
historia, Ourol, Concello de Ourol.
Prieto
Prieto, Verónica (2015): Ourol. Anacos
da nosa historia, Ourol, Concello de Ourol.