Cemiterio de Xerdiz
Edificio singularAno de construción: 1908
Promotor: Veciños da
parroquia (un total de 110 doantes), que contaron coa remesa de cartos dun
grupo de veciños (64 en total) emigrantes en Cuba
Características:
É un
dos cemiterios indianos máis representativos e bonitos da Mariña lucense grazas
á riqueza do patrimonio que garda, con esculturas realizadas —entre outros
canteiros— polas famosas mans de Francisco Veiga, O Pena de Miñotos.
Chaman a atención as cruces latinas, as penitencias, as da Trindade ou as
piedades.
No
interior do cemiterio colocouse unha placa cos nomes de todos os doantes como
homenaxe e gratitude.
Fontes:
Bores Gamundi, Fernando (coord.) (2000): Casas de indianos, Santiago de
Compostela, Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, Xunta
de Galicia.
Prieto Prieto, Verónica (2011): Ourol. A nosa historia, Ourol, Concello
de Ourol.
Prieto Prieto, Verónica (2015): Ourol. Anacos da nosa historia,
Ourol, Concello de Ourol.