Hotel La Luguesa
Espazo biográfico Rúa Juana de Vega, 21 - 15004 A Coruña. A CoruñaEste foi un dos moitos hoteis onde Pondal residía durante as súas estancias na Coruña. La Luguesa converteuse en escenario das súas derradeiras horas. Desde aquí enviou unha última carta, preocupado polos seus manuscritos, a Andrés Martínez Salazar. Tras varios anos de saúde moi precaria, o Bardo de Bergantiños morre neste hotel cego e en soidade. O edificio actualmente atópase en rehabilitación.