Santuario da Virxe da Barca
18 de 29

Santuario da Virxe da Barca

Espazo biográfico, Igrexa, Espazo etnográfico, Mirador Punta de Xaviña - 15124 Santa María de Muxía - Muxía. A Coruña

Rosalía de Castro, invitada por Pondal, acude á romaría da Barca de 1853. Aquí cae enferma de tifos, xunto á irmá do vate, morrendo esta poucos días despois. Este espazo de culto pagán ás pedras foi cristianizado posteriormente, relacionándose, xa no século XII co camiño de Santiago a Fisterra - Muxía: A Virxe gótica da Barca gárdase na igrexa do século XVIII. Destaca o culto ás pedras de Abalar, a dos Cadrís e a do Temón, barca, vela e temón con que chegou a Virxe a Muxía, e a dos Namorados.

A Romaría da Barca celébrase o segundo domingo de setembro, excepto que caia en 8, que se pasaría para o domingo seguinte.