Cabo de Santo Adrán do Mar
Mirador Seaia - 15113 San Xulián de Malpica de BergantiñosEste punto ofrece unhas excelentes vistas das illas Sisargas. O lugar relaciónase coa lenda de Santo Adrán, o liberador da praga de serpes de Malpica e Corme. A multitudinaria romaría consiste na subida do santo desde a igrexa parroquial de Santa María de Malpica ata a ermida actual, datada no século XX. Esta foi construída sobre unha anterior, xa nomeada polo Cardeal Hoyos no XVII. Probablemente a primitiva fose o resultado da cristianización dun lugar cun culto pagán relacionado coas serpes.
Celébrase a multitudinaria romaría de San Adrán o día 16 de xuño, se é domingo, se non pásase ao domingo seguinte.