Penalta
5 de 34

Penalta

Espazo Literario Penalta, s/n - 32800 San Pedro de Mourillós - Celanova. Ourense

Curros plasmará a figura de Manuel Castro González no poema "O Gueiteiro", un dos galardoados co premio do Certame de 1877. O músico, nado en 1832, era natural dun lugar da parroquia de San Pedro de Mourillós chamado Penalta. Este topónimo fíxoo coñecido por moitos pobos co nome de "O Gaiteiro de Penalta". Segundo o estudoso Antonio Piñeiro, Manuel chegou a ser mestre do afamado Faustino Santalices. Na súa aldea natal, aínda se pode ver a que se supón que foi a súa casa, hoxe abandonada.