Igrexa de San Tirso de Cospindo
Igrexa O Couto, s/n - 15110 San Tirso de Cospindo - Ponteceso. A CoruñaConstrución de cantaría de estilo barroco datada no século XVIII. Na fachada principal, destaca o seu remate nunha torre - campanario. Nesta igrexa foi bautizado o bardo de Bergantiños, en febreiro de 1835. En memoria súa hai unha obra en pedra, que recorda este feito grazas a unha inscrición. No lateral sur da edificación hai un sarcófago onde está enterrada parte da familia Pondal Abente.