Este roteiro percorre 120 vizosos quilómetros das provincias de Pontevedra e Ourense, visitando espazos biográficos de Antón Fraguas, territorios que foron obxecto das súas investigacións etnográficas e históricas e que deixou plasmadas en numerosas publicacións. Diversidade de paisaxes, de arquitecturas e de xentes para coñecer mellor a un dos grandes etnógrafos de Galicia.
A selección e presentación dos textos é a cargo do etnógrafo Clodio González Pérez, da Fundación Antón Fraguas Fraguas.
Este roteiro está recomendado para ser feito nun mínimo de dúas xornadas e un nun tempo recomendable de tres. Os visitantes poden dividilo nunha xornada na provincia de Pontevedra e outra na de Ourense.
Sobre Antonio Fraguas
Antonio Fraguas foi un dos máis destacados etnógrafos do século XX en Galicia. Promotor de institucións e incansable activista cultural, o seu interese pola historia e a etnografía levouno a percorrer en profundidade o rural galego. O noso roteiro percorre algúns dos espazos vitais e de estudo do investigador ao que se lle dedicou o Día das Letras Galegas 2019.
Quilómetros
Horas
Dificultade
Modo
Características
Antón Fraguas foi un bo coñecedor das terras do interior de Galicia. En especial, do seu Cotobade natal e das terras do Carballiño das que procedía parte da súa familia. O roteiro "De Tenorio a Oca, pasando por Insuela" percorre 39 localizacións de diferentes concellos do interior da provincia de Pontevedra e do occidente ourensán, deténdose non só en espazos biográficos fundamentais para entender o pensamento e a obra de Fraguas, senón tamén en lugares de gran valor etnográfico e histórico que permiten ilustrar e coñecer aqueles elementos da cultura galega aos que Fraguas prestou unha singular atención, coma os petos de ánimas, os cruceiros ou os ríos.
Autor do roteiro e da selección de textos de Antón Fraguas: Clodio González Pérez.
Coordinación: Manuel Gago
Revisión Lingüística: Begoña Tajes
Fotografías: Teresa Navarro
Asistente de produción: Paula Ibáñez