Ribadeo Indiano

Un paseo por algúns dos principais edificios da arquitectura civil indiana de Ribadeo.

Indianos de Ribadeo

A vila de Ribadeo é un espazo privilexiado para comprender o profundo impacto da emigración na sociedade galega entre finais do século XIX e principios do XX.

Quilómetros
Horas
1
Dificultade
A pe
Modo

Características

Ribadeo é unha das vilas galegas onde o legado dos indianos -os emigrantes retornados da América ao longo do século XIX e XX- permanece aínda ben visible. Tanto no casco urbano coma no resto do concello, podemos atopar numerosos exemplos de casas de arquitectura indiana, canda outros edificios vinculados á sua actividade, como as escolas fundadas e financiadas polos emigrantes galegos en América. 

O Consello da Cultura Galega colabora de maneira habitual coa festa de celebración histórica "Ribadeo Indiano", que todos os veráns recrea o ambiente e a sociedade de primeiros do século XX. Este roteiro, que se irá actualizando e enriquecendo con máis contidos e localizacións, é un convite a explorar a vila e o municipio para descubrir un patrimonio singular que aínda non foi esquecido. 

O Itinerario

1 Torre dos Moreno

1 Torre dos Moreno

Edificio singular
2 Casa de Don Clemente

2 Casa de Don Clemente

Edificio singular
3 Casa en San Roque, 14

3 Casa en San Roque, 14

Edificio singular
4 Casa dos Ananos

4 Casa dos Ananos

Edificio singular
5 Casa do Óptico

5 Casa do Óptico

Edificio singular
6 Granxa-Escola Pedro Murias

6 Granxa-Escola Pedro Murias

Edificio singular