Andrés Avelino Comerma é unha das grandes figuras históricas do Ferrol de a cabalo entre o século XIX e o XX. Científico, divulgador, gran coñecedor da música popular e militar, este roteiro permite apreciar a súa pegada a través de espazos biográficos, entidades culturais e proxectos urbanísticos e militares nos que participou.
Este roteiro foi deseñado e escrito por Guillermo Llorca Freire. O roteiro conta con fotos do autor e de Mario Llorca Loureiro.
Sobre Andrés Avelino Comerma
Comerma realizou importantes investigacións no campo das ciencias e das humanidades e divulgou en artigos de prensa, libros e conferencias os últimos avances tecnolóxicos do seu tempo, como o cinematógrafo, o fonógrafo, a fotografía e a luz eléctrica. Membro de varias sociedades científicas españolas e do estranxeiro, foi un home de espírito polifacético e universalista, e o seu prestixio profesional alcanzou sona mundial.
Andrés Comerma é a figura homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia 2020.
- Poden consultar a biografía completa no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega.
- Descargue o libro Andrés Comerma. O enxeñeiro adiantado ao seu tempo