Cruceiros de Galicia (II): O Camiño Inglés (I)

Juan J. Burgoa Fernández, da Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas, inicia un itinerario que percorre o Camiño Inglés a través dos seus cruceiros. O roteiro parte do Ferrol e atravesa boa parte da provincia da Coruña. Para facilitar o seu goce, dividímolo en etapas accesibles que se poden combinar con outros roteiros do noso sistema.

Texto e fotos do autor.

Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas

Os cruceiros constitúen un dos monumentos máis sobranceiros do Patrimonio Cultural Galego e forman parte da identidade cultural que nos caracteriza como pobo diferenciado. Para Castelao, os cruceiros galegos son “a máis enxebre manifestación artística do noso pobo”. Temos que destacar que Galicia é o país do mundo con maior número de cruceiros, monumentos que, ademais, presentan unha grande variedade tipolóxica e cronolóxica. Dicía Vicente Risco que todos os cruceiros galegos se asemellan pero que todos se diferencian, o que vén a confirmar a teoría de que non hai dous cruceiros iguais, incluso entre os realizados por un mesmo canteiro ou santeiro, pois en cada un podemos atopar trazos distintivos. Polo que respecta á súa cronoloxía, en Galicia podemos atopar cruceiros que van dende o século XIV ao XXI, pois na nosa terra o costume de facer e poñer cruceiros segue vivo.

Co obxecto de dar a coñecer os nosos cruceiros, o Consello da Cultura Galega e a Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas, presentan esta serie de roteiros para animar a todas as persoas interesadas no noso patrimonio, a coñecer e visibilizar estes monumentos senlleiros, que, lamentablemente e na maioría dos casos, ou pasan desapercibidos ou son pouco valorados.

O segundo xoves de cada mes publicarase un novo roteiro que permitirá coñecer a diversidade territorial, xeográfica e artística destes monumentos emblemáticos.

Quilómetros
Horas
0
Dificultade
En coche
Modo

Características

Juan J. Burgoa
Fernández, da Asociación de amigos dos cruceiros, cruces de pedra e petos de ánimas, inicia un itinerario que percorre o Camiño Inglés a través dos seus cruceiros. O roteiro parte do Ferrol e atravesa boa parte da provincia da Coruña. Para facilitar o seu goce, dividímolo en etapas accesibles que se poden combinar con outros roteiros do noso sistema.