Este roteiro permítenos coñecer, paso a paso, a visita de Castelao á Habana, como parte do apoio á causa republicana, durante o turbulento ano 1938. Texto e fotos de Arantxa Fernández Crespo.
Sobre Castelao
Castelao convertirase na gran figura política e identitaria da Galicia do século XX. Ilustrador, escritor, activista político e cultural, segue a ser unha das figuras máis coñecidas da Historia galega. As nosas viaxes propoñen percorrer o Barbanza, territorio da súa infancia, e Pontevedra, a cidade na que desenvolveu a súa madurez creativa e política antes da Guerra civil.
Quilómetros
Horas
Dificultade
Modo
Características
Castelao foi convidado pola Casa de Cultura da Habana a visitar Cuba e impartir diversas conferencias. Chegou en novembro de 1938 e foi recibido de maneira multitudinaria. Viaxou por case toda a illa dando mitins en prazas, teatros ou campos deportivos para acadar apoios e axuda económica para a República española. Ademais participou activamente nas eleccións do Centro Galego da Habana, sendo decisivo o seu apoio á candidatura de "Hermandad Gallega", de esquerdas e pro-republicana, que se impuxo á candidatura valedora dos sublevados franquistas.
Durante a súa estadía, recibiu numerosas homenaxes da colectividade galega en Cuba, como un xantar de despedida no que estiveron presentes 3000 emigrantes, que aplaudiron as súas palabras.
Texto e fotos de Arantxa Fernández Crespo.